A Day in the Life

«A Day in the Life»
canción de The Beatles
Lanzamento 1 de xuño de 1967
Formato {{{formato}}}
Gravada 19 de xaneiro a 22 de febreiro de 1967
EMI Studios, Londres
Xénero musical Art rock, rock psicodélico, rock sinfónico
Lingua(s) Inglés
Duración 5:30
Discográfica Parlophone, Capitol, EMI
Produtor(es) George Martin
Escritor(es) John Lennon-Paul McCartney (Principalmente Lennon, excepto a sección central que é de McCartney)
Cronoloxía
«Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (Reprise)» «A Day in the Life» «»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«A Day in the Life» –en galego: «Un día na vida»– é unha canción da banda británica The Beatles e é o último tema do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, de 1967. Acreditada a Lennon-McCartney, pero maiormente escrita por Lennon, a canción inclúe distintos fragmentos que foron escritos polos membros da banda John Lennon e Paul McCartney por separado, coa colaboración dunha orquestra adicional, sendo esta unha das últimas veces en que realizaron unha canción xuntos como nos seus primeiros anos. Mentres a letra de Lennon estaba inspirada en artigos xornalísticos daquela época, McCartney inspirouse na súa mocidade. A decisión de relacionar seccións da canción con crescendos orquestrais e de terminar a mesma cun acorde sostido de piano ideáronse só despois de que a canción foi gravada.

Inicialmente a BBC prohibiu a difusión da peza pois a liña «I'd love to turn you on» («Encantaríame excitarte») que se menciona na canción supúñase que facía referencia ás drogas. Desde o seu lanzamento, apareceu como lado B e en numerosas recompilacións do grupo. Foi versionada por outros artistas, incluíndo a Bobby Darin, Neil Young, Jeff Beck, The Libertines, The Bee Gees, Phish e, desde 2008, por McCartney nas súas interpretacións en vivo. Considerada por moitos como unha das obras mestras da banda de Liverpool e como unha das mellores cancións da historia, ocupa o posto 28 das 500 máis grandes cancións de todos os tempos, segundo a revista Rolling Stone.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search